Sunday 12 de May de 2024

O Club Acuático Laracha fíxose con 4 récords de España e 10 récords galegos


Esta pasada fin de semana celebrouse, na Piscina Carballo Calero de Carballo, o Campionato Galego de Distancias Cortas Xuvenil, Junior e Absoluto, no que o Club SAL, ademáis de proclamarse Campión Galego, fíxose con varios Récords Galegos e Récords de España.
Nas probas individuais, os nosos deporstistas conseguiron subirse ó primeiro posto do pódium en 12 ocasións traendo otras tantas medallas de Ouro, así como 7 pratas e 9 bronces, tanto na categoría absoluta coma na xuvenil e junior, ademáis de facerse con varios dos récords galegos e récords de España:
 Noelia Loureiro Serrano, absoluta feminina
 Récord España e Rércord Galego no 50 m socorrista
 Récord Galego no 100 m supersocorrista
 Sergio Campos Varela, absoluta masculino
 Récord de España e Récord Galego 50 m obstáculos
 Récord Galego 50 m combinada
 Lucía Añón Sánchez, xuvenil feminina
 Récord Galego na 50 m combinada
 Alvaro Hidalgo Peón, junior masculino
 Récord Galego no 100 m supersocorrista
 David Fraga Rodríguez, absoluto masculino
 Récord Galego no 100 m supersocorrista
Nas probas de relevos subíronse ao pódium en 8 ocasións e tamén conseguiron facerse co Récord de España e Récord Galego na proba de Relevos Obstáculos e no Relevo combinado en categoría absoluta masculina, así coma o Récord Galego no Relevo Remolque manequín na mesma categoría.
O Club acabou o Campionato con moi boas sensacións e pensando en seguir preparándose para o Campionato de España de Distancias Cortas Xuvenil, Junior e Absoluto que se celebrará na Piscina Parquesol de Valladolid os próximos 2 e 3 de marzo.